Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

Ten problemas na recepción da sinal de TV?

 

Os operadores de móbil xa están a ofrecer servizos 4G. Esta nova tecnoloxía permite alcanzar conexións móbiles de moi alta velocidade, mellorando a cobertura no interior dos edificios e conseguindo maiores niveis de penetración xeográfica, en particular nas zonas rurais. Os servizos móbiles 4G van utilizar a frecuencia 800MHz que antes utilizaba a televisión dixital terrestre (TDT), polo que podería ocorrer que o sinal de TV se vexa afectada por interferencias.

 

Programa "Llega800"

Os sinais 4G na banda dos 800 Mhz xa empezaron a funcionar nalgúns lugares e con iso, empezaron os problemas de interferencias nos sinais da TDT.  Estes problemas xerados na TDT cos novos  sinais 4G, por orde ministerial, deberán ser emendadas polas propias compañías operadoras (Orange, Telefónica e Vodafone), por tanto, os traballos que se realicen para corrixir o problema, non teñen custo algún para os cidadáns.  Xeralmente, estes problemas soluciónanse instalando un sinxelo filtro na nosa antena facendo que os sinais 4G non cheguen a interferir cos sinais da TDT.

 
Que fago en caso de sufrir estas interferencias?

 Se os sinais 4G empezaron a darlle problemas na TDT, estes son os pasos para seguir:

  • Se vive nun edificio colectivo, fale co Presidente da súa Comunidade de Propietarios ou co seu Administrador de Fincas para que contacte con Llega800 vía telefónica ou por email.
  • Se vive nunha vivenda individual, contacte vostede directamente con Llega800.

 

Ademais de poder usar a mesma páxina para xerar a incidencia, tamén está dispoñible o teléfono do Centro de Atención a Usuarios (CAU): 900 833 999 cun horario de Luns a Sábado, de 10:00 a 22:00 .

http://www.llega800.es/