Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 

Telecomunicacións

Somos instaladores de Tipo A: Infraestruturas de telecomunicación en edificios ou inmobles. Neste grupo inclúense aquelas instalacións que, aínda que poden ter relación co exterior, serven exclusivamente para a distribución de sinais de telecomunicación dentro de edificios ou vivendas e non están incluídas no Tipo F.

 

  • Instalacións destinadas á captación e distribución de sinais de radiodifusión sonora e televisión
  • Colocación e mantemento de sinais de telefonía dispoñible ao público, desde o distribuidor do edificio ata os puntos de conexión dos aparellos
  • Emplazamento de sinais de telecomunicacións por cable
  • Sistemas de portería electrónica, de videoportería e control de accesos en edificios ou urbanizacións

 

 

Programa "Llega800"

Os sinais 4G na banda dos 800 Mhz xa empezaron a funcionar nalgúns lugares e chegaron os problemas de interferencias nos sinais da TDT. Estes inconvenientes xerados na TDT cos novos  sinais 4G, por orde ministerial, deberán ser emendadas polas propias compañías operadoras (Orange, Telefónica e Vodafone), así que os traballos que se realicen para corrixir o problema non teñen custo algún para os cidadáns.  Xeralmente, a solución é instalar un sinxelo filtro na antena facendo que os sinais 4G non cheguen a interferir coas sinais  TDT.

 
Que podes facer en caso de sufrir estas interferencias?

 Se os sinais 4G empezaron a darche problemas na TDT, estes son os pasos para seguir:

  • Se vives nun edificio colectivo, fale co Presidente da súa Comunidade de Propietarios ou co seu Administrador de Leiras para que contacte con Llega800 vía telefónica ou por email.
  • Se vives nunha vivenda individual, contacte vostede directamente con Llega800.

 

Ademais de poder usar a mesma páxina para xerar a incidencia, tambien esta dispoñible o teléfono do Centro  Atención  a Usuarios (CAU): 900 833 999 cun horario de Luns a Sábado, de 10:00 a 22:00 .

http://www.llega800.es/

_

 

Solicitude de orzamento

Pídanos orzamento para executar o seu proxecto, estaremos encantados de atenderlle, tratamos cada solicitude de forma individual para ofrecerlle sempre a mellor calidade/prezo.

Se o desexa pode chamarnos ó teléfono: 646486841